Que son os RAEE?

Hoxe os rapaces e rapazas de 5 anos desfrutamos dunha actividade cos nosos amigos “Os Bolechas”. Aprendimos qué son os RAEE (residuos de aparatos eléctricos e electrónicos) e ata sabemos un rap que explica o que debemos facer cando os aparatos deixan de funcionar.

Ao final, fixemos un xogo de preguntas e conseguimos uns agasallos dos Bolechas!
Entre todos, conseguiremos que o noso planeta este limpo e poidamos desfrutar da natureza sen contaminación.