Coñecemos o colexio Maristas

Hoxe os alumnos e alumnas de 6º de primaria atravesamos a avenida para coñecer de primeira man o colexio Maristas.

Recibíronnos Jose Manuel (director do colexio) e Susana (xefa de estudos) que nos acompañaron ao polideportivo. Alí, o profesor David fíxonos un xogo de preguntas. Participaron os nosos delegados e nos percatamos que coñecemos moitas cousas deste colexio.

Despois deste encontro, baixamos ao comedor. Alí degustamos un zume e uns aperitivos que nos deron folgos para a visita.
Saímos do comedor acompañados dos mestres de Maristas (Diego, David, Luchi e Lorena) que nos ensinaron as instalacións e nos levaron a unha clase de Primeiro da ESO onde nos explicaron os maiores cambios que hai con respecto a primaria.

Logo poidemos desfrutar un anaco no patio, xogando cos compañeiros.

Pasámolo moi ben.