Servizo de préstamo da biblioteca

Esta semana ponse en marcha o servizo de préstamo da biblioteca do colexio.  Cada 7 días, os vosos fillos/as, poderán levar un libro a casa, devolverano na súa seguinte visita.

Os profesores/as informaranvos do día concreto en cada caso e aproveitaremos tamén para facer actividades de animación á lectura!

Iremos informando puntualmente e propoñerémosvos nalgún momento a vosa participación, estade atentos!