Solicitudes- Información
PROCESO ADMISIÓN – PRESENTACIÓN SOLICITUDES
PRESENTAR ORIXINAL e COPIA da documentación para compulsa e rexistro da solicitude.
FORMALIZACIÓN DA SOLICITUDE
A solicitude será única e poderase presentar
- Centro Educativo – de forma presencial.
- Na aplicación “admisionalumanado”
DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO
SOLICITUDE DE ADMISIÓN – IMPRESO ED550B – (cumprimentado e asinado*)
DNI ou Libro de Familia do Alumno/a. (copia e orixinal)
OUTRA DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SE É PRECISO
Se o alumno xa está escolarizado: documento que acredite os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo (Certificado do curso no que está matriculado o alumno).
Se denega a consulta dos datos – DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar. (Copia e orixinal)
En caso de Separción / divorcio: Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio. (Copia e orixinal)
¿QUÉN TEN QUE ASINAR A SOLICITUDE?
Matrimonio non separado legalmente nin divorciado e parella de feito inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia : Pode asinala calquera das persoas titulares da patria potestade.
Proxenitores separados ou divorciados legalmente que compartan patria potestade: é necesaria a SINATURA DE AMBOS OS DOUS.
Patria Postestad atribuída con carácter exclusivo a un dos proxenitores legalmente separados ou divorciados : asinada só por aquel que teña atribuída a patria potestade.
En situacións de violencia de xénero : só requirirá a sinatura da nai.
INFORMACIÓN SOBRE A SOLICITUDE
A solicitude presentada nun centro educativo poderá anularse mediante a presentación dunha nova, indicando expresamente por escrito que quedan sen efecto as presentadas con anterioridade. A renuncia á solicitude rexistrada nun centro só se admitirá ata o último día do prazo de presentación de solicitudes. Logo do devantido prazo a solicitude será vinculante. A duplicidade de solicitudes determinará a escolarización da/o alumna/o conforme ao procedemento subsidiario regulado no Capítulo IV da Orde.
As solicitudes presentadas nos centros fóra do prazo de admisión, as duplicadas e as que conteñan erros ou datos falsos sobre os datos do/da alumno/a ou na documentación serán remitidas á Xefatura Territorial, da que recibirán unha notificación para que presenten alegaccións e acheguen os documentos ou xustificación que estimen procedentes nun prazo de 5 días hábiles.