Festa da Lingua

Hai uns días tivo lugar na nosa cidade a Festa da Lingua, con motivo do día das Letras Galegas que celebramos o pasado 17 de maio.

A clase de 5ºC de Primaria e a súa titora Verónica tiveron a oportunidade de asistir, xa que foron os creadores do lema que saiu gañador: “se choven letras que sexan galegas“. Noraboa!!

Aquí vos deixamos un fragmento do gran discurso que prepararon para a ocasión:
Tras unha chuvia de ideas de proposicións, escollemos a que nos resultou máis significativa. O que intentamos foi dar sentido a algo tan noso como a choiva, relacionándoo coas Letras Galegas. Así decidimos o noso lema, dando sentido ao orgullosos que estamos de ser galegos, de contar cun idioma propio e de poder empregalo. Igual que fixo María Victoria Moreno: usou o noso idioma para encher con pingas palabras fermosas da nosa linguaxe, facendo así que chovesen letras galegas e moitos libros. Gracias, María Victoria, por axudarnos a viaxar a través da imaxinación por lugares máxicos“.