LETRAS GALEGAS 2017/18

O venres pasado xuntámonos todos no patio do cole para celebrar o día das Letras Galegas. Seguindo o lema elixido para este ano, “se choven letras que sexan galegas”, creamos un paraugas ao que lle engadimos bonitas pingas de auga con palabras en galego. Ademais, Gabriel, compañeiro de 5º de Primaria, tocou co seu saxofón o antigo himno de Galicia.