Onte martes, os nenos e profes de 1º e 2º asistimos a unha magnífica obra de teatro patrocinada polo AMPA do colexio aproveitando a Semana das Letras Galegas.
O seu título era “Rubicundo”, adaptación da obra de María Canosa, pola compañía “Teatro dos Gazafelhos”.
A historia, a escenografía e o traballo dos actores e actrices foi ESTUPENDO.
Pasámolo en grande coa historia que nos trouxeron o camarero Darío, a clienta Erea e como non….con Rubicundo, un asombroso “cosedor de ventos”.
Xa nos tarda a próxima!!!!!
Deixámosvos un enlace para que poidades disfutar da calidade da obra.
https://www.youtube.com/watch?v=vTLP6gCECkM