Un ano máis os nosos alumnos de 4° de Ed. Primaria preséntanse con 4 Cooperativas ao Proxecto Semente do Concello da Coruña
. Hoxe tocoulles o turno aos Eq.Directivos das Cooperativas, os que tiveron a sorte de ser os encargados de recibir no Concello da Coruña da man do Excmo. alcalde da Coruña Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema as licencias para poder vender os seus produtos.
Un proxecto ilusionante que nace coa intención de que o alumnado obteña coñecementos sobre a posta en marcha dunha cooperativa empresarial e os pasos necesarios a dar para deseñar e levar a termo proxectos de emprendemento ![]()
.
O programa rematará, como todos os anos, coa celebración do Mercado da Semente, onde os centros educativos exporán e venderán os produtos elaborados. Será o próximo 25 de maio na Praza de María Pita.
#SomosJesuitinas #Decídete #Orgullososdeti
@ Fotos da nota de prensa do Concello de A Coruña: https://www.facebook.com/pg/ConcelloCoruna/photos/?tab=album&album_id=1778475698877086
Colegio Plurilingüe Concertado Hijas de Jesús A Coruña -
981 285 877 -
Avda. Nueva York 5 - 15008 A Coruña