Visita ao Castro de Elviña

Onte e hoxe os alumnos e alumnas de 5º, desfrutaron dunha xornada distinta. Foron a pé ata o Castro de Elviña, onde puideron comprobar e ver de primeira man os restos arqueolóxicos que alí se atopan. Foi unha visita guiada onde nos explicaron os principias elementos do poboado. Tivemos a sorte de ver traballando aos arqueólogos.
Unha aprendizaxe diferente sobre a nosa historia!