Escola Real Club Deportivo con Jesuitinas A Coruña

¡Un novo proxecto chega a Jesuitinas!
 En xaneiro comezaremos unha nova actividade extraescolar coa Escola RC Deportivo na que seguiremos a nosa líña de traballo en valores a través do deporte, neste caso a través do fútbol. Convocámosvos a unha reunión presencial, no salón de actos do colexio, o próximo mércores día 1 de decembro ás 17:30 h., preferiblemente un adulto por familia interesada. A Escola RC Deportivo Colexio Jesuitinas, organizada baixo a estructura de actividade extraescolar, terá unha hora á semana de 1º a 6º de primaria con adestradores da Escola RC Deportivo e tres exes de traballo fundamentais: educación en valores, desenvolvemento motriz e un acercamento á formación en fútbol da mán do Dépor. Trala reunión de dito mércores, todos recibirdes información por escrito e modo de inscripción. Desexamos que tanto nenas como nenos vexan neste proxecto unha nova experiencia de medrar xuntos. Vémonos o mércores 1 de decembro ás 17:30 h. Un afectuoso saúdo. O equipo directivo en colaboración coa Escola RC Deportivo Colexio Jesuitinas e o Clube Xesuitinas.”