Celebramos o Magosto!

Onte celebramos con moita ilusión a festa do Magosto.
En infantil probamos produtos típicos do outono. As mestras contáronnos un conto moi divertido e estivemos escoitando diferentes cancións ao longo do día.

Ademáis tivemos unha sorpresa moi interesante: un gaiteiro e unha pandereiteira viñeron a visitarnos e tocaron distintas cancións típicas galegas.
De agasallo levamos una cinta cunha castaña que pintamos nós mesmos.
Pasamos un día moi divertido!